xull
14
2008


Hoxe non podo aportar moito, Ortigueira casi acaba comigo. Despois de durmir máis comprimida que unha butifarra, conseguir un moreno "obreiro" de estar na praia coa camiseta posta, de perder a cámara de fotos subida á noria, acabar con maniotas e ser picada en tres lugares por insectos non identificados (que polo tamaño das mordeduras poderían ser polo menos tarántulas), como vou ter ánimo?
A verdade, é que a pesar de todo, creo que compensou. Todo pola grata compaña, o ambiente, a música, e os concertos... alguén quere aportar algo sobre esto último?
Ata que me atope con ánimo, un saúdo.
chúzame -
xun
03
2008
Non creo que vaia ser a canción do verán, pero podemos tomalo coma un novo himno. Recollo este video do grupo neocelandés Haunted Love, I want to be a librarian, via Burgostecarios.
I want to be a librarian / I want to check out your books / please give them to me / with the bar code facing up / please don't bring them back too late / or i'll have to charge you 30 cents a day / (I won't like that) / I want to be a librarian / wearing glasses every single day / don't you find me appealing / in a nerdy sort of way? / please don't talk so loudly / please, please / shhhhhh / meet me in the closed reserve / I'll let you read all the new magazines / I'll let you touch the first editions / if you promise me / if you promise me / if you promise me / your hands are clean.
- que na nosa lingua quere dicir:
Quero ser bibliotecaria quero ser bibliotecaria / quero prestarche libros / damos por favor / có código de barras cara arriba / por favor non os devolvas tarde / ou terei que cobrarche 30 centavos ao día / (e non me gustaría) / quero ser bibliotecaria / e levar lentes cada día / non me atopas atractiva dun xeito tan "empollón"? / por favor, non fales tan alto / por favor, por favor, ssshhhhhh / xúntate conmigo na área reservada / deixareiche ver as novas revistas / deixareiche tocar as primeiras edicións / si me prometes / si me prometes / si me prometes / que as túas mans están limpas.
- - - - - - -
A pesar de todos os típicos tópicos e estereotipos, hai que recoñecer que estas bibliotecarias teñen o seu puntiño sexi. Ou non? Isto si que é saber mandar calar ; e qué ben levan o carriño... eu coa miña amaxofobia tería moito camiño por diante.
O que sí é verdade é que ás veces é complicado aturar certos comportamentos de usuarios. Non sei se mercar unhas lentes desas que che fan máis interesante, porque pode ser esa a clave para dominar a certos usuarios cós que ás veces tes que "loitar". Teño que contar a visita dun dos meus ex-usuarios...
Bó día
Un saúdo
chúzame -
mai
26
2008
Pois si, vaia fin de semana! Venres Manu Chao e sábado... (creo que todos sabemos o que tocou). Así que agora aínda estou a recuperar, mentres me preparo xa para o próximo.
E como vai de música, déixovos esta fermosa melodía:




O que pasa e que eu non me lembro de ler partituras así cando ía a solfexo. A clave de sol era a única que sabía ler, pero non lembro estas figuras eu... E incluso veñen marcados os silencios.
En fin, se a alguén lle sae ben, que o conte logo...
Por certo, xa que vai todo de música, quero deixar constancia do que foi un gran descubrimento para min. Se algo me aportou en tantos anos Eurovisión (aparte de Alf Poier, vedes nenas como non o inventaba), foi este ano o representante de Francia, o gran Sébastien Tellier. O Eugenio dos anos 60, grandísimo.
Lurpia e mais eu quedamos auténticamente "emocionadas" en canto apareceu nas nosas vidas. Asi que esto vai adicado a ela.
Xa sabedes o que vou cantar en todas as festas, de aquí ao final de verán, non?
Oh oh oh oooohhhhhhhhhhhhh
chúzame -
mai
23
2008
Arranca a fin de semana, e xa sei que se me pediu actualización, pero a verdade é que xa empecei a cambiar o chip. Todos sabemos que calquer momento é bó para ler un libro, pero un venres de noite, Manu... na vida hai que establecer prioridades, e eu hoxe teño cita contigo (con esta xa son tres, e isto empeza a convertirse nunha relación algo seria, non? ).
Estou dacordo con Zel en que o Coliseo non é o lugar máis idóneo para unha cita destas características, pero tendo en conta o tempo que está a facer, igual ao final non é tan malo.
Así que vou prepararme para sintonizar xa a Radiolina (ou imos "todos" a prepararnos, porque algo de vulto imos facer).
"A la Puri! A la Carmen! Carolina! Bibiana! ..... " Putas ou princesas?
Princesas, sempre princesas
chúzame -
mai
09
2008
Ola de novo!! Recén chegadiña do país húngaro, e un pouco cansa tamén.

Pois ao final, o mal rato que pasei valeu a pena, pola semana vacacional que me tomei: visitas, paseos, gastronomía húngara, cerveciñas e jacuzzi para rematar o día. (deus, qué marabilla!!).
Pero todo ten a súa fin, e agora toca voltar á vida cotiá e empezar a poñerse a pilas.
O que en teoría foi unha viaxe de traballo, tivo máis de lecer que de traballo. De feito, a conferencia debeu de ser do máis interesante para todos os asistentes.... e para corroborar isto explico unha situación:
unha rapaza de Bucarest achégase a nós tras a conferencia (nós pensando que ía preguntar algo da ponencia), pero inesperadamente:
- Hello Carolina! I was looking at you and I love your haircut!! It will be my next choice
Carolina perplexa, claro (que eu saiba non falaramos de perruquerías), e entre risas dígolle que pode sacar unha foto para levar ao perruqueiro (en broma, claro). Pero ela contesta:
- Oh, no. I've already been making a drawing during the lecture. I will take it to the hairdresser's next time.
Xa vedes, o meu posible éxito profesional quedouse reducido ao triunfo do meu corte de pelo.
En fin, agora a volta, pero antes queda a fin de semana por diante. E para aportar algo cultural a este post, recórdovos que hoxe temos na Praza Verde de Perlío (oficialmente Praza Ameneiral) outra edición da Mocidade coa Lingua.
A ver se non chove.
Bicos
chúzame -
mar
09
2008

Nun ramalazo de autoridade créome no dereito, non de recomendar, senón de obrigaros a visitar outra exposición. Aos fans da música en xeral, e sobre todo do xénero pop-rock e historia da música en español, encantaralles recordar "bellos" tempos con grupos como Alaska y los Pegamoides, Siniestro Total, Radio Futura ou Almodóvar e McNamara.
A iniciativa corre a cargo do ferrolán Jesús Ordovás, que durante os 25 anos que estivo á fronte do Diario Pop de Radio 3 recompilou unha importante cantidade de material. Entre este, podemos atopar carátulas de discos da época, carteis promocionais de grupos, fanzines, fotografías e flyers. Incluso atopamos unha peza non tan "lonxana" aínda que si vista xa totalmente obsoleta, como é unha cassette de Alaska (e que precisamente conto eu cun exemplar que lle roubara de nena á miña curmá).
Ademáis de todo este material, os visitantes podemos disfrutar doutras actividades. A oferta multimedia ofrece videos musicais e de programas do tempo (curiosos tanto polo valor cultural-musical coma para os analistas de moda), un trivial musical ou a sección karaoke. Nesta última precisamente Albita e máis eu deixamos a nosa aportación para o deleite do mundo, cantando unha canción de La Guardia ("Cuando brille el sol") e outra de Duncan Dhu ("Cien gaviotas"). O resultado que nos daba a máquina deixámolo para nos...
Así que se sodes uns curiosos nostálxicos apaixonados da música, achegádevos ao Ateneo Ferrolán , onde a exposición estará ata o 23 de marzo.
chúzame -