Archive for the 'Mulleres' Category

xull 09 2008

Equality is not a Utopia

Published by Carolina under Eventos, Mulleres

Mundos de mulleres 08 

Este foi o lema da 10ª edición deste congreso. E a verdade é que desde a primeira edición no 1981 moitas cousas cambiaron, aínda que todavía queda por facer. Polo menos é o que da a pensar o lema elexido.  

Inicialmente, o propósito foi impulsar os estudos de xénero nas universidades e así establecer redes de loita para a igualdade. Hoxe en día, segundo comentabamos uns cantos, parece que xa non ten sentido esta loita... en serio?

É verdade que a muller ten xa un camiño recorrido, pero todavía quedan moitos ámbitos nos que a igualdade brilla pola ausencia. Ademáis, non esquezamos que isto sempre pensando na realidade que nos toca vivir, pero non na de outros moitos "mundos" .  Xa que a internacionalidade é unha das principais características deste congreso, creo que neste momento, o máis enriquecedor de asistir a el é poder entrar en contacto con mulleres doutras culturas, realidades e "mundos" (outra vez) e coñecer de primeira man as súas experiencias.

A fotografía de arriba corresponde á ponencia de Nawal elSaadawi (da que xa vos falei), unha das mulleres que inauguraron o congreso. O feito de poñer "mundos" entre comiñas ten a súa explicación nesta muller, xa que segundo ela, non existen varios mundos senón un só (que non ten nada que ver coa alianza "One World" que hai que escoitar en todos os avións, grrrr). Así, aboga pola eliminación de diversos termos como o coñecido e discriminatorio "Third World".

A verdade é que foi un pracer escoitar das súas verbas as experiencias que tivo que afrontar. E todo iso con humor e un permanente sorriso na cara. Así que como homenaxe, déixovos unha cita da grande Virginia Wolf, que ela mesma citou na ponencia.

"As a woman I have no country. As a woman my country is the whole world."

e deixo a miña aportación con outras "quotes" da escritora inglesa:

 "The history of men's opposition to women's emancipation is more interesting perhaps than the story of that emancipation itself."

"The truth is, I often like women. I like their unconventionality. I like their completeness. I like their anonymity."

"For most of history, Anonymous was a woman."

Bó día.

Chuzame! chúzame -

2 responses so far

xull 04 2008

Mulleres do mundo en Madrid

Published by Carolina under Eventos, Mulleres

Mundos de mulleres 08  Pois aquí estamos. Madrid espera recibir arredor dunhas 3000-4000 persoas (si, non me sobran ceros) para o congreso internacional sobre a muller máis importante que se celebra actualmente no mundo.

O Women's World 2008, creado no 1981 en Israel, ven sendo acollido de cada 3 anos polas principais cidades do mundo. Na anterior edición, que tivo lugar en Seúl no 2005, a Universidade Complutense saíu elexida para organizar esta 10ª edición que durará do 3 ao 9 de Xullo.

Moitas son as actividades das que poderemos disfrutar os asistentes. Exposicións, conferencias, teatro, proxeccións e concertos compleméntanse para dar forma a este gran evento interdisciplinar. Nas conferencias e paneis informativos, moitos son os temas a tratar, enfocando o papel da muller desde diferentes puntos de vista. Así, un exemplo é a ponencia prevista da man da xornalista Carme Chaparro ou de profesionais de diferentes institucións, entre as que se atopa a Universidade da Coruña.

Tamén a música ten cabida neste evento. Varios grupos serán os encargados de proporcionar a banda sonora, como sucede co grupo Chambao ou a celebración da festa final coa participación de grupos como Fangoria (aínda que non confirmado), Clara Montes ou Cristina del Valle.

Pois a seguir disfrutando do evento. Hoxe a participación de Nawal El Saadawi levantou varias veces aplausos de todo un auditorio. A ver que nos espera mañá.

Bó fin de semana.

Chuzame! chúzame -

15 responses so far