dec 03 2008
Musical English Lesson
Hai anos, cando queriamos coñecer as letras dunha canción, tiñamos que agudizar os nosos oídos e rewind e play, rewind e play, ata sacar todo o que puideramos. Isto era o que facía eu cunha das miñas amigas, gracias ao cal empezamos a interesarnos polo inglés, máis que nada porque queríamos saber qué era o que estabamos a cantar.
De todas formas, o "jarenau jaredewei" sempre estivo e estará presente. De feito, aínda hoxe resiste coma linguaxe universal que é, como vemos en grandes exemplos como Raphael ou o Príncipe Gitano (pero en fin, destes falaremos noutro momento).
O caso é que hoxe é moi doado coñecer as letras, e practicar o inglés cos Podcasts e demáis. E como exemplo, mostro unha cousiña que me atopei na rede: unha animación do "Lemon Tree" de Fool's Garden!!! Qué tempos! Isto cheira a instituto, Pontedeume, pinar... e cantar, cantar e cantar.
Adorábamos esta canción porque era das poucas que se entendían perfectamente. Así que podemos tomalo en plan karaoke e practicar co tema destes alemáns. Veña que esta é sencilliña!
