feb 01 2008
Blogalegos, cada día somos máis!!
Fonte: El Jueves, by Mauro Entrialgo
(Clica na imaxe para ampliala)
Segundo publicou La Voz de Galicia hai uns días, seis de cada 10 galegos xa contan cun blog, o cal paréceme unha porcentaxe bastante considerable, tendo en conta que aínda hai moita xente sen acceso á Rede. Ademáis, fixandonos nos datos, estamos incluso por diante de Cataluña (incrible pero certo); por fin estamos diante dos catalanes en algo!
O que sí é certo é que dos blogues galegos, só un 18,2 % está escrito na nosa lingua, así que agora síntome mellor ao contribuir a incrementar esa porcentaxe. De todos xeitos, o dato tampouco é moi sorprendente, xa que as bitácoras soen estar destinadas a que a xente as lea, polo que, escribindo en español ou inglés chegarán a máis xente que escritas en galego. Tendo en conta que é un novo medio de "publicación" de contidos, pasará o mesmo que no caso de quen escriba un artigo, se buscas un bó factor de impacto, cómpre escribilo en inglés.
De todos xeitos, as bitácoras poden ser de moitos tipos e temáticas, e tan só os propios blogueiros saben quen é a audiencia á que queren chegar. Polo tanto, que cada quen fale, escriba e dirixa o seu blogue como mellor considere.
Amén.
chúzame - 