ago
19
2008

Empezamos o día.
Eu cría que os bibliotecarios tomaban a droga da mañá nunha taza calquera, pero vexo que non. De todos xeitos, e aínda que evidente nesta taza, creo que tiven que pensar aínda un pouco para descifrar a notación. (Teño memoria selectiva)
Qué tortura, non? por moi vocacional que poda resultar o traballo de bibliotecario/a, non creo que se poda amar tanto a Dewey e Otlet como para traer á casa o traballo.
En fin, como curiosidade está ben. Aínda que só sexa para que non nos confundamos e botemos a crema de oruxo para mollar a tosta...
Eu vou empezar a traballar nunha nova liña de camisolas, todo sexa por retomar a miña afección dos 15 anos. Non, non é un retroceso, daquela deseñaba camisas de superheroes e agora estou a pensar xa na CDU. (Mostra máis que evidente de que algo madurei nestes anos).
Vou patentalas, que vexo negocio aquí. Algunhas ideas:
616-007.71 (para os máis superficiais)
-056.45 (esta para min claro)
-058.832-055.2 (esta é boa para a nosa proxima cea lurpírica, aínda que non todas a poderían levar)
Eu, en canto teña tempo, vou deseñando algunha e ensínovola.
Algunha suxerencia máis?
chúzame -
xun
22
2008

Curso E-biblio en Santiago de Compostela
Pois despois de varios días intensos, toca de novo volver aos deberes diarios. A verdade é que foi unha gran experiencia en todos os sentidos.
Dentro do plan Avanza, e promovido por FESABID e ANABAD-Galicia, enmárcase o curso de E-biblio ao que puiden asistir estos últimos días en Compostela. Esta iniciativa trata de formar a todos os bibliotecarios en cuestións relacionadas coa promoción da Sociedade da Información, como son a Alfabetización Informacional, a Web Social e o software libre.
Unha experiencia, como dixen, moi enriquecedora para todos os que asistimos ao curso. Da man do profesor Pérez-Montoro da Universidade da Barcelona, puidemos entrar en contacto con diferentes ferramentas e recursos de gran utilidade para a xestión de contidos.
E como ía de socializar, tomámolo ao pé da letra, trasladando esta socialización fóra das aulas. Os perfectos alumnos e profesor xuntámonos para disfrutar do ambiente santiagués e facer que este encontro non se vira reducido a un curso como outro calquera.
Grazas a todos por estos días, e tan só queda esperar que ANABAD nos agasalle cunha segunda parte, ou no seu defecto, por outra iniciativa similar.
Bicos e bó comenzo de semana.
chúzame -
xun
03
2008
Non creo que vaia ser a canción do verán, pero podemos tomalo coma un novo himno. Recollo este video do grupo neocelandés Haunted Love, I want to be a librarian, via Burgostecarios.
I want to be a librarian / I want to check out your books / please give them to me / with the bar code facing up / please don't bring them back too late / or i'll have to charge you 30 cents a day / (I won't like that) / I want to be a librarian / wearing glasses every single day / don't you find me appealing / in a nerdy sort of way? / please don't talk so loudly / please, please / shhhhhh / meet me in the closed reserve / I'll let you read all the new magazines / I'll let you touch the first editions / if you promise me / if you promise me / if you promise me / your hands are clean.
- que na nosa lingua quere dicir:
Quero ser bibliotecaria quero ser bibliotecaria / quero prestarche libros / damos por favor / có código de barras cara arriba / por favor non os devolvas tarde / ou terei que cobrarche 30 centavos ao día / (e non me gustaría) / quero ser bibliotecaria / e levar lentes cada día / non me atopas atractiva dun xeito tan "empollón"? / por favor, non fales tan alto / por favor, por favor, ssshhhhhh / xúntate conmigo na área reservada / deixareiche ver as novas revistas / deixareiche tocar as primeiras edicións / si me prometes / si me prometes / si me prometes / que as túas mans están limpas.
- - - - - - -
A pesar de todos os típicos tópicos e estereotipos, hai que recoñecer que estas bibliotecarias teñen o seu puntiño sexi. Ou non? Isto si que é saber mandar calar ; e qué ben levan o carriño... eu coa miña amaxofobia tería moito camiño por diante.
O que sí é verdade é que ás veces é complicado aturar certos comportamentos de usuarios. Non sei se mercar unhas lentes desas que che fan máis interesante, porque pode ser esa a clave para dominar a certos usuarios cós que ás veces tes que "loitar". Teño que contar a visita dun dos meus ex-usuarios...
Bó día
Un saúdo
chúzame -
feb
25
2008
A verdade é que non entendo moi ben esta iniciativa. Nestes momentos é cando realmente penso que a miña vida non é tan aburrida como creo, porque para gastar o tempo facendo isto... E claro, vós podedes dicir: "Pois será unha tolería pero ben que estar a falar dela" É verdade, tedes toda a razón do mundo, pero en fin, o tempo que me leva escribir este post tampouco é comparable ao que lle levaría ao autor deseñalo.
En fin, que polo menos pode contribuir a acabar cun estereotipo que se nos aplica. Se vós queredes, a vosa bibliotecaria non ten que ser unha estirada rata de biblioteca con lentes e moña. A ver se deseñando unha Angelina Jolie aumentamos o índice de lectura ou visitas á biblioteca.
Pinchade aquí.
Que teñades un bó día.
chúzame -
feb
04
2008

Fonte: A.B. Credaro 2001 (Warrior Librarian)
Cando me atopei con esta ocurrente "plegaria bibliotecaria", tiven que facer memoria para saber onde lera eu a orixinal. E pensando pensando, cheguei á conclusión de que fora na clase de Literatura Norteamericana II, que impartía unha das mellores profesoras que tiven na miña vida (á parte da nosa querida Cari, profesora de grego no instituto, claro, que tanta pegada deixou nas nosas vidas). Pois unha das lecturas obrigadas desa asignatura fora o Slaughterhouse-Five, de Kurt Vonnegut (1969), onde aparecía esta oración no terceiro capítulo do libro:
God grant me the serenity
to accept the things I cannot change;
courage to change the things I can;
and wisdom to know the difference.
Esta famosa oración, cuxo título orixinal é "The Serenity Prayer", ten unha orixe un tanto incerta. Unha das famosas versións é a de Reinhold Niebuhr (1892-1971), que ademáis continúa uns versos máis (aínda que a oración coñécese principalmente na súa versión reducida). Así, a continuación sería:
Living one day at a time,
Enjoying one moment at a time,
Accepting hardship as a pathway to peace,
Taking, as Jesus did,
This sinful world as it is,
Not as I would have it,
Trusting that You will make all things right,
If I surrender to Your will,
So that I may be reasonably happy in this life,
And supremely happy with You forever in the next.
Amen.
chúzame -