Arquivo para abril, 2008

abr 27 2008

Próxima estación… Budapest

Publicado por Carolina en It's my life

Camiño a BudapestCamiño a Budapest 

"It's the Final Countdown", como dirían Europe. Ata agora procurara evitar mencionar o tema pero xa case non quedan días. Mestúrase unhas das grandes paixóns que teño, que é viaxar, cos nervios que medran pola tarefa que teño que afrontar. Non sei como resultará todo, pero o que teño claro é que a partir da conferencia, vou empezar a disfrutar do tempo que me pase en Budapest, aínda que só sexa un día.

Ademáis, ese día coincide co aniversario dunha das miñas grandes amigas (espero cos nervios non esquecerme de felicitar). Tan só vos pido que me desexedes sorte...

Empeza a conta atrás...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

8s respostas

abr 25 2008

They will survive

Publicado por Carolina en Humor, Libros e lectura

Pois tomo prestada (via Frikitecaris) unha tira de Tr3s en Uno, que se publica no suplemento EP3 de El Pais.

Tr3s en UnoTr3s en Uno

Para ver toda a tira tedes que premer na imaxe.

 

Isto é para que algún de vós deixedes de preguntarvos para qué demos teredes o voso exemplar de El Quijote na vosa librería, cando pode que nunca o tiñades lido. Ou o que é peor, lérades o "Quijote en comic" para o exame de Literatura Española do "anteriormente coñecido coma" Terceiro de BUP (non quero delatar a ninguén).

Pois si, porque todo na vida ten a súa explicación... supoño...

Empeza a finde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Unha resposta

abr 23 2008

Parabéns, Libro!!

Publicado por Carolina en Eventos, Libros e lectura

Se existe "un Día de π" (non o que ten un bar, senón o número, celebrado [evidentemene] o 14 de Marzo por iso de que segundo os anglosaxóns é o mes 3, día 14), como non iamos ter un Día do Libro? Para un día ao ano que se lle dea importancia non pasa nada.
mafalda

Pois consultando a miña superaxenda do Concello de Fene (somosche moi apañadiños aquí os feneses), vexo que, entre outras, que neste día festéxase:

* Inauguración do Ateneo Ferrolano (1879)

* Día Mundial do Libro e os Dereitos de Autor

* Festas de San Xurxo (San Jordi para os cataláns) en lugares como .... Fene ... etc.

* Feira do cabalo en Moeche

Pero voltando ao que vos comentaba...  segundo a tradición teñenche que agasallar cun libro.... o que pasa é que non sei que pasou co meu, que non o atopo!!! Eu tamén quero un libro!! (rollo Mafalda), un libro e unha rosa amarela (sérveme de calquer cor). Nunca na miña vida recibín este agasallo tal día como hoxe. En San Valentín vale que non reciba nada, pero hoxe... (déixoo aí, por se alguén se anima)

En fin, xa que teño claro que non vou recibir ningún, déixovos cunha interesante lista do que poderían ser os libros máis curtos da historia (que será co que vos agasalle eu, que outra cousa non merecedes):

-  Manual de cocina británica.
- Grandes astronautas somalíes.
-  Esquimales famosos.
- La hospitalidad francesa.
-Una cita romántica... por Mike Tyson.
- El gran libro del conocimiento alemán.
- Grandes actores nepaleses.
- Ley antimonopolios... por Bill Gates.
- Todo lo que el hombre sabe de la mujer.
- La guía del matrimonio honesto... por Bill Clinton.
- Cómo evitar que su esposo la engañe... por Hillary Clinton.
- En la senda del Mahatma Ghandi... por Osama Bin Laden
- Los derechos de todo el mundo fuera de los EEUU, por George Bush y George W. Bush
- Consejos etíopes para la dominación del mundo.

Se tedes algunha idea ou queredes contribuir a incrementar esta lista, xa sabedes. Só hai unha condición: non valen títulos coma - Cómo montar un colchón segundo Pelos (diría SAK), ou - Cómo ser o máis guay segundo SAK (diría Pelos), dixit.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

11s respostas

abr 20 2008

Para ligar cun Varón Dandy

Publicado por Carolina en Cousiñas, Humor

Old Library    Có sedutor que pode ser un bó perfume... Esta é razón de non ligar a fin de semana, claro (iso xunto coas intervencións de Ina para protexernos dos Varóns Dandys, ;) ). Non sabía aínda da existencia deste perfume "In the Library", creado por Christopher Brosius, pero a partir de agora todo pode ser diferente. Non sei se Pelos usará xa esta esencia... (quédome coa dúbida).

A cuestión é que a fragancia preséntase en catro variedades. Podedes elexir entre elas segundo as vosas preferencias, porque xa se sabe que non hai nada máis sedutor que oler a libro vello. Segundo o autor, a fragancia describiríase coma "English Novel taken from a Signed First Edition of one of my very favorite novels, Russian & Moroccan leather bindings, worn cloth and a hint of wood polish”.

Non sei se é unisex, porque nese caso podería regalarllo a meu pai no Día do Pai do próximo mes de maio. Algún día contarei a miña ida de cabeza ao respecto, todo sexa por reafirmarme como filla, que non se esqueza diso.

Boa semana.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4s respostas

abr 15 2008

Camestantería

Publicado por Carolina en Decoideas

Xenial! É a perfecta solución para os minipisos da ministra. Tendo en conta o caros que están os metros cadrados para os mileuristas deste século, atopamos nunha páxina a solución que nos permite "economizar" espazo na vivenda.

CamestanteráCamestanterá

Trátase dun invento que consta dun colchón dividido en dúas pezas. Se queremos telo recollido, non hai máis que encrustalo entre as estanterías da parede, formando un orixinal deseño. En canto chega unha inesperada visita, só temos que baixar as pezas e voilà! Cama preparada! E dende logo moito máis "elegante" que un simple colchón apoiado na parede.

Pero a súa funcionalidade pode ir máis aló. É perfecto para todos os que disfrutades dunha vida amorosa intermitente... que agora estades enfadados, separámolas pezas do colchón; que agora hai reconciliación, encaixamos e punto.

Bágoa é que non se comercialice.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

7s respostas

abr 10 2008

Lifestyle 2.0

Publicado por Carolina en Cousiñas, Humor

A vida en 6 clicks....

 

Para que empecedes ben o día.

P.D.: Non sei porque me lembro das conversas con Rosiña a segunda hora en primeiro de BUP... Así a coñecín, quérela con champiñóns??

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3s respostas

abr 07 2008

E agora… desestresando

Publicado por Carolina en It's my life

Stress   Que ben coidadiña estou! O estrés non me deixaba ver a solución, que estaba xusto diante. O mellor para o estrés.... apertuxar o cerebro!! Pois sí, parece algo contraditorio, pero non sempre o é. Diante dos meus fociños deixárame a xefa un cerebriño para desafogarme en caso de urxencia. E iso fixen.

Con sorte, queda pouco xa para que remate este pequeno traballo que teño entre mans (contando con algunha axuda, véase Fátima), pero outros perigos amósanse.... Aínda non saín dunha e xa estou noutra. É o que temos as creaturas aventureiras (mmm), próxima estación.... en fin, aínda está por ver.

Agora tocará trasnoitar de nervios.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2s respostas

abr 01 2008

Stresssssssssss

Publicado por Carolina en It's my life

stress Vaia día... stress stress stress!! Acumúlasenme as cousas, levo todo o día dun lado para o outro... Logo quéixome cando non teño que facer nada... Pero en fin, case mellor prefiro este estrés.

O único bó de hoxe é que conseguín o título que me faltaba (foi outro día deses que cundiu abondo). Tantos anos esperando (por dicir algo) por eles, e ao final en menos dun mes teño o dous xuntiños. Así que xa podo gardar na carpetiña o papeliño ese de tan pequenas dimensións que di "Licenciada en Documentación".

Algo que me irrita profundamente é iso. Os títulos foron deseñados para King Kong, ou é que a universidade pensa que o prestixio profesional vai ligado ao tamaño dos títulos?? Non poden facer todos tamaño DIN A4 para que hibernen todos xuntiños?. É algo que non soporto, de veras... morte aos diplomas-poster!!!!!

PD: Avisei que tiña un mal día

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3s respostas