set 05 2008

Prohibido asubiar…

Published by Carolina under Canon

... sen mirar antes polos arbustos (non sabemos onde podemos atopar a un da SGAE)

Hai pouco líamos no xornal o seu novo ataque, agora contra as empresas de transporte. Despois de ver cómo chegan ata a ir a vodas para reclamar "os dereitos dos autores", non me asombra nadiña. Incluso nestes días, que se está a comentar na lista de distribución de Iwetel o tema de exhibición de filmes, unha das colisteiras contaba cómo se achegaron pola súa biblioteca para preguntar cantas veces saíran os cabezudos nas festas (para cobrar o canon pola música): o_O Incredible!!!!

En fin, segundo líamos na Voz de Galicia: "El coste de entretener a los pasajeros, según el sector, es de 15.000 euros para la vida útil del autobús, cifrada en siete años, a razón de 1.249 euros por DVD y 312,6 euros por radio que cobra la SGAE; 631,60 euros al año que cobran AIE y Aisge; 127,93 euros mensuales que cobra Agedi, y 350 euros al año que cobra Mcpl."

Porque claro, éramos poucos.....  aínda enriba temos aos curmáns AIE, AISGE, etc. (como lin nalgún sitio, os da sopa de letras). E que o problema é que pódense crear millóns (vale, algo esaxerado) de entidades de xestión destas, por iso, Alejandro Sanz ten a sorte de poder cobrar como autor, como intérprete, como músico... non vos sorprendades se dentro de pouco tamén aparece a SIATIL (Sociedade de Intérpretes Afectados polo Tinte Loiro), ao que, evidentemente o Sr. Sanz tamén estará afiliado, como afectado que quedou.

Xa vedes, a min paréceme ben que cobre polas súas obras, pero xa é un pouco abusivo, non? É coma se un pintor que lle vende un cadro ao responsable dunha tenda, cobrara ao vender o cadro e logo por cada persoa que observa o seu cadro cando entra na tenda. A este ritmo, as tendas, bares, buses, etc. serán espazos diáfanos, silenciosos e sen decoración. Non vaia ser que se moleste algún artista...

Ou sexa, que en pouco non teremos música nin nada no transporte. Nunca creín que defendería isto, pero despois das miñas experiencias en Aulas e sobre todo no Daínco, vou botar en falta os filmes eses dos anos de Marujita Díaz...

En relación,  unha nota da Asociación de Internautas:

...Es como un cuento perverso en el que los poetas atracan a su pueblo, los cantantes llaman piratas o pendejos electrónicos a los ciudadanos honestos, los músicos cambian sus instrumentos por calculadoras y a los autores les inspira la letra de las leyes y de los reglamentos para aplicar tasas. Una verdadera pesadilla, para salir de la cual basta con abrir los ojos y no dejarse engañar.

 

Chuzame! chuzame -

5 responses so far

set 02 2008

Época… de exames???

Published by Carolina under Cousiñas

Por fin deixo de estar soa no campus. Onte foi o reencontro có meu café rico do bar de sempre, acompañado cun sabroso queique e bolachas... mmmm.

Tamén os profesores comenzan a deixarse ver polos corredores. E os alumnos desfilan para a biblioteca e as salas de estudo. É que é tempo de exames (qué recordos!)

De feito, isto faime pensar nas veces que teño ido ao edificio de apoio ao estudo. A diferencia entre nós e algúns dos que alí estaban é que íamos a estudar ou ler. Moita xente sabe de que falo: intentando ler mentras algúns/algunhas pasaban o día desfilando dun lado a outro. Toc toc toc toc. Se algo non soportaba eran os tacóns das que ían á sala de estudo a ligar: risiñas mirando para fulanito, agora me paseo por diante del para que vexa a miña minisaia, o chulapo dase conta, máis risiñas, o chulapo comenta có compañeiro, saen a "fumar un cigarro", a chulapa vai detrás, máis risiñas....

Ao fin, entrábanme ganas de erguerme e presentalos eu mesma para que rematase o teatro.

Que non era envexa, eh, tan só espero que, se non aprobaban, polo menos se deran unha alegría ao corpo.

Qué tempos!

Chuzame! chuzame -

13 responses so far

ago 19 2008

Biblioalmorzos

Published by Carolina under Bibliotecarios/as, Cousiñas, Humor

Empezamos o día.

Eu cría que os bibliotecarios tomaban a droga da mañá nunha taza calquera, pero vexo que non. De todos xeitos, e aínda que evidente nesta taza, creo que tiven que pensar aínda un pouco para descifrar a notación. (Teño memoria selectiva)

Qué tortura, non? por moi vocacional que poda resultar o traballo de bibliotecario/a, non creo que se poda amar tanto a Dewey e Otlet como para traer á casa o traballo.

En fin, como curiosidade está ben. Aínda que só sexa para que non nos confundamos e botemos a crema de oruxo para mollar a tosta...

Eu vou empezar a traballar nunha nova liña de camisolas, todo sexa por retomar a miña afección dos 15 anos. Non, non é un retroceso, daquela deseñaba camisas de superheroes e agora estou a pensar xa na CDU. (Mostra máis que evidente de que algo madurei nestes anos).

Vou patentalas, que vexo negocio aquí. Algunhas ideas:

616-007.71 (para os máis superficiais)

-056.45  (esta para min claro)

-058.832-055.2  (esta é boa para a nosa proxima cea lurpírica, aínda que non todas a poderían levar) 

Eu, en canto teña tempo, vou deseñando algunha e ensínovola.

Algunha suxerencia máis?

 

Chuzame! chuzame -

20 responses so far

ago 12 2008

Facendo tempo…

Published by Carolina under Cousiñas

How to confuse an idiot

de raios!! 

Os ollos estanme quedando birollos con tanta bibliografía... elimina este punto, busca os datos de publicación, pasa a minúsculas, ponlle o URL.... e ademáis o día está horrible...

Así que mentres que non me veñan as ganas de actualizar con xeito, déixovos entretidos.

Uns estarán máis entretidos ca outros.

Bó?? día.

Chuzame! chuzame -

6 responses so far

xull 31 2008

Sempre ao revés…

Published by Carolina under Humor

Bibliotecarios

 Autor: Idígoras y Pachi

Xa de volta, agora que se vai todo o mundo... en fin, compensou bastante. O problema é que agora vou ter que ir traballar ao deserto.

Asi mesmo. A cafetaría onde collo sempre "os cafés" pecha todo agosto... os profesores desconectan (máis do normal) durante todo agosto... a biblioteca tamén reduce o seu horario en agosto... os controladores do campus abandonan a miña "seguridade" en agosto... de feito, aínda hoxe non sei se poderei entrar no despacho nin tan sequera...

Desta toleo fixo! Terei que mercar un tamagochi, a estas alturas, para poder ter algo de compañía.

Asi que, como moitos xa estades de vacacións con tempo libre, vou plantexar unhas cantas cuestións para que reflexionedes e exercitedes as neuronas nestes días.

 

- Por qué apretamos máis forte os botóns do mando cando ten poucas baterías. 
- Qué contan as ovella para durmir?
- Onde vai a outra medade de Medio Oriente?
- Ata onde teñen que lavar a cara os calvos?
- Por que o sol aclara o pelo pero escurece a pel?
- Por qué non podemos botar o rimmel coa boca pechada?
- Por qué nunca se viu nos titulares dun xornal "Adivino gaña a lotería"?
- Por qué o zume de limón está feito con sabor artificial e o fairy con limóns naturais?
- Por qué non hai comida para gatos con sabor a rato?
- Por qué as ovellas non encollen cando chove e os xerseis de lá sí? 
- Por qué có tempo as tortas póñense duras e as bolachas brandas?
- Por qué "todo xunto" se escribe separado e "separado" se escribe todo xunto?
- Por qué para finalizar a sesión de Windows hai que ir ao botón de inicio?

Déixovos reflexionar.... (espero que non saia ningunha destas un sábado de noite...)

Chuzame! chuzame -

12 responses so far

xull 16 2008

Perdendo o norte…

Published by Carolina under It's my life, Viaxar

Chanclas e libro para a viaxe

... e camiño do sur.

   Pois é o momento perfecto para unhas pequenas vacacións. Sol, cañitas, gazpacho (espero que mellor có meu), festa, descanso.... (descanso despois da festa, claro)... Todo isto é o que espero desta viaxe, e sei que a miña compañeira desta aventura non me vai fallar.

De feito, creo que hai algo na foto que non vou tocar... e descalza non vou ir todos os días. É verdade que a lectura na praia é a culpable de que sempre o meu moreno tan só deixe presencia nunha metade do meu corpo, pero esta vez non vai ser así. A razón é simple; a miña Thelma particular de seguro que non me vai deixar sacar o libro da maleta.

O peor de todo é que por culpa da noria de Ortigueira (que non pola miña cabeza, ejem), non vou ter cámara para retratar todos estes estupendos momentos que me esperan. O que me queda é confiar nas nosas neuronas para os recordos, e visto o deste último fin de semana, creo que as memorias das dúas xuntas non fan nin por unha soa...

Confiaremos na nosa testigo e Cicerone da viaxe, que os Romero non son todos iguais.

Vémonos á volta.

 

PD: que a envexa polo meu futuro moreno non vos faga deixar de visitarme.

Chuzame! chuzame -

10 responses so far

xull 14 2008

Por tanto Ortigueirar….

Published by Carolina under Eventos, Música

Festival Celta OrtigueiraFestival Celta Ortigueira

Hoxe non podo aportar moito, Ortigueira casi acaba comigo. Despois de durmir máis comprimida que unha butifarra, conseguir un moreno "obreiro" de estar na praia coa camiseta posta, de perder a cámara de fotos subida á noria, acabar con maniotas e ser picada en tres lugares por insectos non identificados (que polo tamaño das mordeduras poderían ser polo menos tarántulas), como vou ter ánimo?

A verdade, é que a pesar de todo, creo que compensou. Todo pola grata compaña, o ambiente, a música, e os concertos... alguén quere aportar algo sobre esto último?

Ata que me atope con ánimo, un saúdo.

Chuzame! chuzame -

13 responses so far

xull 09 2008

Equality is not a Utopia

Published by Carolina under Eventos, Mulleres

Mundos de mulleres 08 

Este foi o lema da 10ª edición deste congreso. E a verdade é que desde a primeira edición no 1981 moitas cousas cambiaron, aínda que todavía queda por facer. Polo menos é o que da a pensar o lema elexido.  

Inicialmente, o propósito foi impulsar os estudos de xénero nas universidades e así establecer redes de loita para a igualdade. Hoxe en día, segundo comentabamos uns cantos, parece que xa non ten sentido esta loita... en serio?

É verdade que a muller ten xa un camiño recorrido, pero todavía quedan moitos ámbitos nos que a igualdade brilla pola ausencia. Ademáis, non esquezamos que isto sempre pensando na realidade que nos toca vivir, pero non na de outros moitos "mundos" .  Xa que a internacionalidade é unha das principais características deste congreso, creo que neste momento, o máis enriquecedor de asistir a el é poder entrar en contacto con mulleres doutras culturas, realidades e "mundos" (outra vez) e coñecer de primeira man as súas experiencias.

A fotografía de arriba corresponde á ponencia de Nawal elSaadawi (da que xa vos falei), unha das mulleres que inauguraron o congreso. O feito de poñer "mundos" entre comiñas ten a súa explicación nesta muller, xa que segundo ela, non existen varios mundos senón un só (que non ten nada que ver coa alianza "One World" que hai que escoitar en todos os avións, grrrr). Así, aboga pola eliminación de diversos termos como o coñecido e discriminatorio "Third World".

A verdade é que foi un pracer escoitar das súas verbas as experiencias que tivo que afrontar. E todo iso con humor e un permanente sorriso na cara. Así que como homenaxe, déixovos unha cita da grande Virginia Wolf, que ela mesma citou na ponencia.

"As a woman I have no country. As a woman my country is the whole world."

e deixo a miña aportación con outras "quotes" da escritora inglesa:

 "The history of men's opposition to women's emancipation is more interesting perhaps than the story of that emancipation itself."

"The truth is, I often like women. I like their unconventionality. I like their completeness. I like their anonymity."

"For most of history, Anonymous was a woman."

Bó día.

Chuzame! chuzame -

2 responses so far

xull 04 2008

Mulleres do mundo en Madrid

Published by Carolina under Eventos, Mulleres

Mundos de mulleres 08  Pois aquí estamos. Madrid espera recibir arredor dunhas 3000-4000 persoas (si, non me sobran ceros) para o congreso internacional sobre a muller máis importante que se celebra actualmente no mundo.

O Women's World 2008, creado no 1981 en Israel, ven sendo acollido de cada 3 anos polas principais cidades do mundo. Na anterior edición, que tivo lugar en Seúl no 2005, a Universidade Complutense saíu elexida para organizar esta 10ª edición que durará do 3 ao 9 de Xullo.

Moitas son as actividades das que poderemos disfrutar os asistentes. Exposicións, conferencias, teatro, proxeccións e concertos compleméntanse para dar forma a este gran evento interdisciplinar. Nas conferencias e paneis informativos, moitos son os temas a tratar, enfocando o papel da muller desde diferentes puntos de vista. Así, un exemplo é a ponencia prevista da man da xornalista Carme Chaparro ou de profesionais de diferentes institucións, entre as que se atopa a Universidade da Coruña.

Tamén a música ten cabida neste evento. Varios grupos serán os encargados de proporcionar a banda sonora, como sucede co grupo Chambao ou a celebración da festa final coa participación de grupos como Fangoria (aínda que non confirmado), Clara Montes ou Cristina del Valle.

Pois a seguir disfrutando do evento. Hoxe a participación de Nawal El Saadawi levantou varias veces aplausos de todo un auditorio. A ver que nos espera mañá.

Bó fin de semana.

Chuzame! chuzame -

15 responses so far

xull 01 2008

Poñamos que falo de Madrid

Published by Carolina under It's my life, Viaxar

Viaxe a Madrid

 De novo montando a maleta (ai, que vida máis dura...). Pois todo listo para partir, aínda que metidos no bochornoso xullo, pero contentos de cambiar un pouco de aires.

O mellor e o peor (ao mesmo tempo) disto é que xa non sei canto estou de vacacións e cando non. Logo como podo pensar en ir a "Cai" a relaxarme? A relaxarme de qué? Que felicidade...

En fin, procurarei mantervos informados das miñas aventuras, polo menos das que se podan contar...

Saúdos a todos

x

Chuzame! chuzame -

7 responses so far

xun 25 2008

Exposición sobre sexismo II

Ás portas de xullo, vai xa despedíndose a exposición sobre sexismo, que abandonará o Ateneo o vindeiro luns 30 de xuño.

Ateneo Ferrolán

Aínda estades a tempo de visitala, na rúa Magdalena 202-204, 1º. Mentres, déixovos un par de fotografías que tomei dos 8 cartaces que a forman.

Sexismo

A exposición podería dividirse en dúas partes:   

Expo Misoxinia IIA primeira parte formaría o bloque máis xeral. Os posters aquí enmarcados introducen o tema así coma o propósito xeral do proxecto no que se encadra a exposición. É aquí onde se trata a Violencia contra a muller, o papel da muller a través da historia ou o propósito do proxecto de investigación en crear unha base de dados.

   e...

Expo Misoxinia 

A segunda parte limita o tema á súa presenza nos Media ou noutros ámbitos coma poden ser as artes e a música. Este grupo estaría formado por 5 posters, entre os cales se tratan os diferentes tipos da chamada "violencia contra a muller" a través da prensa, a análise discursiva que se fai nela, ou a visión do tema a través das artes.

Así que xa sabedes, convidados quedades.

Bó día a todos.

Chuzame! chuzame -

7 responses so far

Next »